martes, 23 de diciembre de 2008

Constelación de Orión

Xa ben entrado o mes de decembro Orión cruza os ceos con todo o seu esplendor. É a constelación por excelencia. O ten todo, estrelas de variados cores, un asterismo que non pasa desapercibido no ceo, nebulosas como a gran nebulosa M42, que é un forno onde se están formando milleiros de estrelas, e un conxunto de constelacións veciñas interesantísimas, como Canis Maior, coa estrela máis brilante dos ceos, Sirio, ou Tauro cos cúmulos das Pleiades e das Hyades.

Constelación de Orión

M42, Nebulosa de Orión, nube de gas de formación de estrelas a 1500 anos luz

M42, Nebulosa de Orión


Viaxe pola Nebulosa de Orión



IC 434, Nebulosa da cabeza do cabalo

sábado, 25 de octubre de 2008

COSMOS Carl Sagan Capítulo 13: "¿Quen fala en nome da Terra?"



In English
Carl Sagan The Cosmos Part 13 "Who speaks for earth?"

COSMOS Carl Sagan Capítulo 12: "Enciclopedia galáctica"



In English
Carl Sagan The Cosmos Part 12 "Encyclopedia galactica"

COSMOS Carl Sagan Capítulo 11: "A persistencia da memoria"



In English
Carl Sagan The Cosmos Part 11 "The persistence of memory"

COSMOS Carl Sagan Capítulo 10: "O fío da eternidade"



In English
Carl Sagan The Cosmos Part 10 "The edge of forever"

COSMOS Carl Sagan Capítulo 9: "As vidas das estrelas"



In English
Carl Sagan The Cosmos Part 9 "The lives of the stars"

COSMOS Carl Sagan Capítulo 8: "Viaxes a travás do espacio e do tempo"



In English
Carl Sagan The Cosmos Part 8 "Travels in space and time"

COSMOS Carl Sagan Capítulo 7: "O espinazo da noite"



In English
Carl Sagan The Cosmos Part 7 "The backbone of night"

COSMOS Carl Sagan Capítulo 6: "Lendas de viaxeiros"



In English
Carl Sagan The Cosmos Part 6 "Travellers' tales"

COSMOS Carl Sagan Capítulo 5: "Blues para un planeta vermello"



In English
Carl Sagan The Cosmos Part 5 "Blues for a red planet"

COSMOS Carl Sagan Capítulo 4: "Ceo e inferno"



In English
Carl Sagan The Cosmos Part 4 "Heaven and Hell"

COSMOS Carl Sagan Capítulo 3: "A harmonía dos mundos"



In English
Carl Sagan The Cosmos Part 3 "Harmony of The Worlds"

COSMOS Carl Sagan Capítulo 2: "Unha voz na fuga cósmica"



In English
Carl Sagan The Cosmos Part 2 "One voice in the cosmic fugue"

viernes, 24 de octubre de 2008

COSMOS Carl Sagan Capítulo 1: "Nas beiras do oceano cósmico"

Esta segue a ser unha das mellores series documentais sobre o coñecemento do Cosmos, da man do gran maestro Carl Sagan.



In English
Carl Sagan The Cosmos Part 1 "The Shores of the cosmic ocean"

domingo, 19 de octubre de 2008

Video sobre Astronomía e Astronáutica.

Este interesante vídeo toca de maneira moi resumida temas como:
A observación das constelacións.
A historia da Astronomía.
O comezo da era espacial.
A conquista da Lúa.
Os satélites artificiais.
A Estación Espacial Internacional (ISS)
A formación do sistema solar.
A aparición da vida.
A evolución.
A posible vida en outros planetas.
Os planetas extrasolares.

jueves, 16 de octubre de 2008

Constelacións a partir de Orión.

Orión é unha boa constelación no inverno para situar outras das súas proximidades.

miércoles, 15 de octubre de 2008

Touro a partir de Orión

Touro (Tauro) é unha interesante constelación ao norte de Orión. Aldebarán é a súa estrela máis intensa, pero a súa característica principal son dous cúmulos abertos, ás Híades e as Pléiades.

Os Xemeos a partir de Órión.

Os Xemeos é unha constelación ao norleste de Orión, caracterizada polas estrelas Cástor e Pollux.

Can Menor a partir de Orión.

Can Menor é fácil de localizar prolongando a direción que marcan os hombros de Orión cara ao leste.

Can Maior a partir de Orión

Orión ao ser unha constelación de estrelas moi intensas é un bo punto de partida para situar outras constelacións próximas. Can Maior, ou Canis Major, é unha constelación ao sureste de Orión que se destaca pola súas estrela Sirio a máis luminosa do ceos, cunha magnitude de -1,4.
Sirio a podemos localizar prolongando cara ao leste a direción que marca o cinturón de Orión. Anque non é necesario pois é tan intensa Sirio que non hai confusión posible.

O Rei dos ceos de inverno, Orión

Orión é a constelación máis impresionante dos ceos. Por moitas razóns. O seu asterismo da vida ao cazador ou guerreiro, os hombreiros, o cinturón, a espada, o escudo, todo está escrito no ceo. Incluso é seguido polos cans de caza, can maior e can menor. Ademáis é unha constelación con estrelas das máis brilantes do ceo, e de máis variados cores, o que nos da idea do distinto tipo e antigüidade das súas estrelas. Betelgueuse é unha xigante vermella centos de veces maior que o Sol, Rigel é unha superxigante azul, e a Nebulosa de Orión un dos maiores espectáculos dos ceos é a cuna de milleiros de estrelas que se están formando a partires de nubes de gas.

Constelación de Águia (Aquila)

A constelación de Águia aparece ao sur de Cisne, sobre o manto de estrelas da Vía Láctea. A súa estrela Altair, de magnitude 0,8 forma con Deneb de Cisne e Vega de Lira o famoso triángulo de verán.

Constelación de Ecúleo (Equuleus)

É a segunda constelación máis cativa, representa a un poldro, nas proximidades do Cabalo Pegaso.

Constelación da Raposa (Vulpecula)

Pequena constelación xunto á cabeza do Cisne con dous obxectos interesantes para observar con prismáticos, o cúmulo aberto coñecido como Cúmulo de Brocchi (A Percha) e M27 nebulosa Dumbbell, considerada a máis fácil de ver con prismáticos.

Obxectos do ceo profundo

M27, nebulosa Dumbbell



Cúmulo de Brocchi (A Percha)

Constelación do Golfiño (Delphinus)

Pequena pero fermosa constelación que representa un golfiño saltando sobre o mar de estrelas. Atópase ao sur de Cisne e proxima a Aquila.

Constelación de Frecha (Sagitta)

Pequena pero fácil de recoñecer esta constelación de Sagitta. A súa forma de punta de frecha ao sur de Cisne é inconfundible.

Constelación de Piscis Austrinus

Al sur de Aquarius encontramos esta constelación que se caracteriza por su estrella Fomalhaut de magnitude 1,2.

martes, 14 de octubre de 2008

Constelación de Aquarius

Acuarius atópase entre as constelacións de Piscis e Capricornio. Catro estrelas, enre as que se atopa alfa, debuxan un triangulo que se coñece como a xarra de auga, da que mana unha ringleira de estrelas que flúen cara Piscis Austrinus.

Obxectos do ceo profundo:

M2, cúmulo globular



NGC7293, nebulosa Hélice



NGC 7009, nebulosa de Saturno

Constelación da Balea (Cetus)

A constelación de a Balea (Cetus), que está ao sur de Piscis e Aries, está formada por estrelas de pouca intensidade. A súa característica máis interesante é a estrela Mira, unha estrela variable do tipo das xigantes vermellas pulsantes, que varía a súa intensidade durante meses ou anos entre a 2ª magnitude e a 10ª magnitude.

Obxectos do ceo profundo:

M77, galaxia espiral Seifert

Constelación de Piscis

Piscis, que é outra das constelacións do Zodíaco, non é fácil de observar, dada a pouca luminosidade das súas estrelas. Distinguese polo asterismo en forma de aro que aparece ao sur de Pegaso.

Obxectos do ceo profundo:

M74, Galaxia espiral

Constelación de Aries

Aries é unha pequena constelación ao sur de Triángulo, entre Tauro e Piscis. É unha das constelacións do Zodíaco.

Constelación de Pegaso

Esta constelación reina no alto do ceo nas noites de outono. O seu Grande Cadrado axúdanos a localizala con facilidade.

Obxectos do ceo profundo:

M15, cúmulo globular ao oeste de Pegaso

Constelacións a partir de Pegaso

A constelación de Pegaso é unha boa referencia para localizar outras constelacións próximas gracias a fácil orientación que nos proporciona o Grande Cadrado de Pegaso.

Localizar Piscis Austrinus a partir de Pegaso

Se prolongamos cara ao sur as dúas estrelas do Gran Cadrado que están máis ao oeste chegamos ata estrela Fomalhaut da constelación de Piscis Austrinus

Localizar a Balea a partir de Pegaso

As dúas estrelas máis ao leste do Grande Cadrado de Pegaso as podemos prolongar cara ao sur e atopamos a constelación da Balea (Cetus).

Localizar Casiopea a partir de Pegaso

Podemos localizar Casiopea fixándonos nas dúas estrelas máis ao leste do Grande Cadrado de Pegaso. Prolongando cara ao norte dúas veces esta distancia atopamos a Casiopea.

Se seguimos prolongando outras dúas veces este segmento atopamos a Estrela Polar.

Constelación de Pegaso

Pegaso é unha grande constelación que podemos observar ben neste mes de outubro. O seu asterismo característico é o Grande Cadrado de Pegaso, formado cunha das estrelas da constelación de Andrómeda, a súa constelación compañeira, ao leste de Pegaso.

viernes, 10 de octubre de 2008

Constelación do Triángulo (Triangulum)

Pequena constelación xunto a Andrómeda.

Obxectos do ceo profundo:

M33, Galaxia, é a terceira en tamaño do noso grupo local de galaxias. Está a uns 2,7 millóns de anos luz.

Constelación de Andrómeda (Andromeda)



O ángulo máis grande da constelación de Casiopea, o peito de Casiopea, apunta cara a constelación de Andrómeda. Esta constelación que comparte unha estrela co gran cadrado de Pegaso, presenta un dos obxectos máis fascinantes do ceo, a gran Galaxia de Andrómeda, a M31. É o obxecto máis lonxano que podemos ver a simple vista, só está a 2.500.000 anos luz da Terra. Con prismáticos distínguese como unha mancha branca no ceo.

Obxectos do ceo profundo:

M31, Galaxia de Andrómeda.



Podemos comparar os tamaños aparentes da Lúa e da Galaxia de Andrómeda.

Constelación de Cisne (Cygnus)

Próxima a Lira está a constelación de Cisne. É a gran constelación dos ceos de verán. Está formada por estrelas que debuxan unha gran cruz, iso fai que sexa coñecida tamén como a Cruz do Norte. As súas estrelas principais forman un triángulo que nos lembra un ala delta. Ao estar na rexión da Vía Láctea a vemos inmersa nun mar de estrelas que disfrutaremos máis cuns prismáticos.

A súa estrela Alfa Cygni é Deneb superxigante de extraordinaria luminosidade. Está a uns 3000 anos luz de distancia, compárense cos 25 anos luz de Vega. O que quere dicir que é extraordinariamente luminosa, unas 200.000 veces máis luminosa que o Sol. E unha superxigante azulada cunha masa 20 ou 25 masas solares, e un radio entre 200 e 300 radios solares.

Obxectos do ceo profundo:

M39, cúmulo aberto



NGC7000, Nebulosa de Norteamérica.



NGC6995, NGC6992, NGC6960, Nebulosa do Velo, restos dunha supernova,



NGC6995, NGC6992, NGC6960, Vista global da Nebulosa do Velo



IC5070, Nebulosa do Pelícano. Pola súa forma similar a un pelícano.

Constelación de Lira (Lyra)

Lira é unha pequena constelación próxima ao cenit durante os meses de verán. Caracterízase pola súa estrela Vega, a quinta estrela máis brilante do ceo. Está a 25 anos luz da Terra, é unha das estrelas máis cercanas, anque lembra que un ano luz é así como 10 billóns de quilómetros. Esta estrela tamén é famosa por aparecer na única novela, Contacto (1985), de Carl Sagan, o creador da serie Cosmos. Nesta obra proveñen de Vega sinais que poden ser interpretadas como vida extraterrestre. Logo se fixo unha película de escaso éxito interpretada por Jodie Foster.

Vega forma xunto con Deneb de Cisne, e Altair de Águia, o que se coñece como triángulo de verán. As noites de verán están presididas de forma especial por estas tres estrelas moi luminosas.

Obxectos do ceo profundo:

M57, Nebulosa do Anel, nebulosa planetaria onde vemos un aro de gas que emana da estrela central.

Constelaciób de Hércules (Hercules)

A constelación de Hércules atopámola entre as constelacións do Pastor, Lira e a cabeza do Dragón. É característica polo cuadrilátero con forma de pedra angular, o Keystone, do que saen os brazos e as pernas do fortachón Hércules.

Obxectos do ceo profundo:

M13, cúmulo globular impresionante, fácil de ver cuns prismáticos, contén centos de miles de estrelas.

Constelación de Cans de Caza (Canes Venatici)

Esta constelación representa aos dous perros de caza do Pastor. Localízase debaixo da lanza do carro da Osa Maior, e está próxima oa Pastor.

Obxectos do ceo profundo:

M3 Cúmulo globular entre Cor Caroli e Arcturo. Pódese apreciar con prismáticos.



M51 Galaxia Whirlpool. Visible con prismáticos como unha mancha de luz.



M106 Galaxia.

jueves, 9 de octubre de 2008

Constelación de Cefeo (Cepheus)

Entre a Osa Menor e Casiopea intercálase o tellado dunha constelación con forma de casiña, a constelación de Cefeo.

Obxectos do ceo profundo. A estrela superxigante vermella Mu Cephei (coñecida como a estrela granate) aparece na parte superior da nebulosa IC1396.



NGC7023 Nebulosa do Iris. Nebulosa de reflexión, a estrela que ten no seu centro e moi nova e reflicte a luz sobre a mesma.

Constelación de Casiopea (Cassiopeia)

Casiopea é outra gran constelación que sempre temos á vista. A súa forma é inconfundible, e a atopamos ao outro extremo da Osa Maior con respecto á estrela Polar.

Obxectos do ceo profundo. Cúmulo alongado de estrelas M103.



O telescopio Spitzer da NASA amósanos os restos da Supernova de Casiopea que descubríu Tycho Brahe en 1572. Foi visible ata 1574, Tycho pensaba que era o nacemento dunha nova estrela, cando en realidade era a morte dunha enorme estrela.

Constelación do Dragón (Draco)

Draco é unha extensa constelación que rodea á Osa Menor. As súas estrelas non son de grande intensidade. A cabeza do Dragón é unha especie de cuadrilátero fácil de recoñecer.

Obxectos do ceo profundo. NGC6543 Nebulosa do Ollo de Gato. Non visible con prismáticos.

Constelación da Osa Menor (Ursa Minor)

Localizamos a Estrela Polar a partir da Osa Maior. A parte da Polar só veremos ben as dúas últimas do carro, as demáis teñen pouca intensidade, só con boa vista ou cuns prismáticos daremos con elas. Por eso é importante facer observacións nunha noite sen Lúa.

Constelación da Osa Maior (Ursa Maior)

Constelación fundamental para situarnos na bóveda celeste. Memoriza as sete estrelas do carro, anque debes lembrar que aparecen xiradas no ceo en distintas épocas do ano. Sempre é visible cos ceos despexados, nunca se pon polo horizonte.

Con prismáticos ou pequenos telescopios pódense observar dúas galaxias próximas: a M101 e a M81. Os grandes telescopios da NASA permítennos ver estas galaxias en todo o seu esplendor.



Constelacións a partir da Osa Maior

Este esquema serve de guía para localizar constelacións a partir da Osa Maior. Outras as localizaremos a partir destas xa localizadas. Como ves todo é empezar e logo unhas constelacións lévannos a outras. É importante tamén acostumarse a ver as constelacións e distintas posicións pois estas van cambiando ao longo da noite e das estacións.

Localizar Leo

Na primavera, as dúas primeiras do carro lévannos tamén ata Régulo, a estrela máis importante de Leo.

Localizar Xéminis

Tamén en inverno podemos localizar Xéminis a partir da Osa Maior. Cástor e Pollux son as súas estrelas máis intensas.

Localizar Auriga

Coa chegada do inverno aparecen un conxunto de constelación moi interesantes pola intensidade das súas estrelas. Auriga que como ves no debuxo podemos localizar a partir da Osa Maior ten unha destas estrelas que nos alumean nas noites de inverno, Capella.

Localizar Cisne

Prolongando cara a arriba do carro da Osa Maior as dúas primeiras estrelas do carro chegamos á constelación de Cisne. É unha cinstelación de verán que aparece no alto do ceo, e é inconfundible, a súa forma de ala delta fai que sexa unha das constelacións máis doadas de recoñecer. Deneb, da que xa falarei máis adiante, Vega de Lira e Altair de Águia, forman o triángulo de verán, fácilmente recoñecible pola intensidade das estrelas que o forman.

Localizar Virgo

Unha vez localizada a constelación do Pastor seguindo a curva que localizaba Arcturo, chégase a Spica, a Espiga, a estrela máis intensa de Virgo, Tamén a podemos ver no verán. Esta constelación é moi interesante polo famoso cúmulo de galaxias de Virgo, situadas na cunca do extremo dereito da constelación.

Localizar o Pastor

A constelación do Pastor, ou Boyero, podémola observar fácilmente durante o verán. A súa estrela máis intensa, Arcturo, podémola localizar debuxando unha curva a partir da lanza do carro da Osa Maior. Sobre Arcturo podemos ver unha constelación bastante grande con forma de xeado, ou de papaventos, segundo os gustos.

Localizar Cefeo

Prolongando as dúas últimas estrelas do carro cinco veces atopábamos a estrela Polar. Pero se seguimos nesta dirección despois da estrela Polar atopamos a constelación de Cefeo. Ten forma desas casas que debuxabamos de nenos, algúns as seguen debuxando así de maiores. Tamén é moi doada de atopar.

Localizar Casiopea

Casiopea é outra constelación moi doada de localizar. A súa forma de M ou W é moi característica. Atópase en oposición á Osa Maior con respecto a estrela Polar. É dicir, que a estrela Polar está entre a Osa Maior e Casiopea. Tamén é unha constelación circumpolar e polo tanto a podemos observar durante todo o ano.

lunes, 6 de octubre de 2008

Localizar a Estrela Polar

Para localizar a Estrela Polar é preciso localizar antes a Osa Maior. Que xa sabes que é moi sinxelo, pois sempre está presente no ceo e ten unha forma moi característica e facilmente recoñecible.

Fíxate nas dúas últimas estrelas do carro, memoriza a distancia entre ambas. Se prolongas 5 veces esa distancia cara arriba do carro atoparás a Estrela Polar. Ademáis como a Polar non está rodeada de estrelas moi brilantes non hai posibilidade de erro.

A Estrela Polar forma parte da constelación da Osa Menor, que non é fácil de atopar xa que as súas estrelas son pouco intensas, agás a Polar e as dúas do final do carro. Uns prismáticos axudan a ver as demáis.

Xa nunca te volverás a perder nunha noite estrelada. Sempre poderás localizar o norte localizando a Estrela Polar.

A Osa Maior

A Osa Maior, a constelación que tamén coñecemos como o carro, está formada por 7 estrelas que forman o asterismo do carro, e outras máis de menor intensidade. O asterismo é o debuxo que se xera cando unimos as estrelas con liñas rectas.

A Osa Maior é unha constelación que podemos contemplar en calquera época do ano, xa que no seu xiro arredor do polo norte celeste nunca se pon por debaixo do horizonte. Ademáis é importante pois permítenos localizar a Estrela Polar, que nos indica o norte (pensa o importante que era isto para os antigos homes da mar) e permítenos atopar outras constelacións con facilidade.

Lembra que a esfera celeste parece xirar sobre nós de este a oeste, debido ao movemento de rotación da Terra de oeste a este. De forma que as posicións das constelacións cambian durante toda a noite. E debido ao movemento da Terra arredor do Sol durante o ano tamén cambian as constelacións que vemos en cada estación. Así falamos de constelacións de inverno, de primavera, de verán e de outono.

¿Que, xa atopaches a Osa Maior? Seguro que si, anque non estará como no debuxo senón que estará xirada en calquera posición. Por eso é interesante dispor dun Planisferio no cal indicando o día e a hora de observación atopamos as estrelas na posición que teñen no ceo.

Fíxate na estrela intermedia da barra do carro. Exacto, non é unha, son dúas estrelas, Alcor e Mizar. Se as vemos separadas é unha boa forma de comprobar a nosa boa vista. Tamén facían esto os antigos árabes para escoller os aspirantes a vixías.

domingo, 5 de octubre de 2008

Preparando a observación.


Supoño que xa tes gañas de sair ao campo e facer observacións das constelacións. Pero antes tes que ter en conta unha serie de cousas importantes.

Primeira, levar abrigo suficiente. Depende da época do ano, pero non hai que confiarse, noites templadas poden facernos perder moito calor despois dun longo tempo de observación. As veces estamos tan entusiamados na observación que nos olvidamos de cousas tan importantes como abrigarse, ou hidratarse.

Segunda, ir con unha persoa que coñeza as constelacións pode ser moi didáctico, anque non sempre temos esa sorte. Por eso dispor dun Planisferio, ou unha pequena guía de estrelas pode ser fundamental. Irei publicando esquemas que te axudarán a atopar con facilidade as constelacións máis importantes.


Terceira, unha pequena linterna pode ser moi útil nas noites de Lúa Nova, pois non se ve nada, e se queres usar unha guía ou planisferio vaiche facer falla. Pero que non alume moito pois se te cegas tardarás máis en acostumar outra vez os ollos á escuridade.

Cuarta, non é imprescindible para observar as estrelas pero uns prismáticos poden descubrirnos un sinfín de estrelas que a simple vista nunca veríamos. A Lúa, planetas como Xúpiter coas súas lúas, as Pléiades, a nebulosa de Orión, a galaxia de Andrómeda, ou cúmulos estelares, son un espectáculo vistos cos prismáticos. Por certo, nunca mires cos prismáticos directamente ao Sol, supoño que xa sabes que podes queimar os ollos.

Quinta, escoller un bo lugar de observación é fundamental. Sal das luces da cidade. A contaminación luminosa, e a outra, son un filtro para a observación do firmamento. Un lugar elevado pode ser ideal, anque non sempre é doado de atopar. Se eres menor de idade non vaias só, ou sen permiso dos teus pais. Ir acompañados a contemplar as estrelas pode ser unha experiencia inolvidable.

Así que preparade o equipo e agardar unha noite sen Lúa e con bó tempo. Aquí en Galicia temos que ter a mochila preparada e aproveitar as poucas ocasións que se presentan, anque co cambio climático cada ano temos máis oportunidades de noites de ceos despexados.

¡Feliz observación! Por certo, non é mala costume anotar nun caderno as observacións que facemos, e as condicións en que as fixemos.

sábado, 4 de octubre de 2008

¿Como empezar en Astronomía?

É moi difícil dar consellos, quizá cada un deba atopar o seu camiño. Pero pode que contar a experiencia de un sexa válida para moitos. Hai unha vivencia, de manera especial, que me marcou de rapaz para que me gustara a ciencia, foi a serie de televisión COSMOS, dirixida e presentada por Carl Sagan. Este importante astronomo e divulgador da astronomía, e da ciencia en xeral, fíxome ver o mundo como antes nunca o coñecera. Lembro, por exemplo, cando dixo que "somos po de estrelas". Tamén dixéranme que viñamos da lama, pero é que ser po de estrela era moito máis fermoso. Ou tamén cando dicía que "a exploración do cosmos é unha viaxe de autodescubrimento". Carl Sagan foi (finou no ano 1996) un gran divulgador da ciencia, dicía:"...Logo de todo, cando estás namorado, queres contalo a todo o mundo. Por iso, a idea de que os científicos non falen ao público da ciencia paréceme aberrante."

Por se non o coñecedes vos presento estes vídeos da súa serie onde ilustra a uns cativos, como era eu daquel entonces, na grandeza do Cosmos. Despois de ver estes vídeos pode que vexamos os ceos doutra forma, e a vida doutra maneira.

¿Que son as estrelas?



¿Como pensaban os homes da Prehistoria?



Unha idea xurde na illa de Samos, no mar Exeo, "O Universo é coñecible". O Cosmos fronte ao Caos.



Anaximandro, Empédocles e Demócrito, quen dicía:"prefiro entender un porqué que ser o Rei de Persia"



Pitágoras e os pitagóricos.
"Cosmos: universo ordenado e armonioso, un mundo accesible ao entendemento humano" (Pitágoras)



Aristarco de Samos: "A Terra móvese arredor do Sol"



Buscando planetas nas estrelas. A Vía Láctea.

A medida da Terra. Eratóstenes e a Biblioteca de Alexandría.

Abonda con subir a unha montaña para darse conta da inmensidade da Terra. Dende o Facho, no Morrazo, temos unha atalaia que nos permite ver a inmensidade do océano. Esa liña case recta que sabemos que se vai pechando nunha enorme circunferencia do tamaño da Terra. Pero quen foi o primeiro en medir o tamaño da Terra. Pódese pensar que foi medida por algún pioneiro navegante como Elcano, ou por modernos aparatos como os satélites que lanzamos ao espacio, pero nada diso. Esta historia comeza no século III a.C. No que hoxe é Exipto. Eratóstenes director da Biblioteca de Alexandría conseguiría medir a Terra case sen aparatos, ¿como? nestes vídeos de Cosmos o podedes descubrir. Tamén veredes a gran perda para Humanidade que supuso a destrucción da Biblioteca de Alexandría. ¿Como sería agora o mundo sen esta perda irreparable? Nunca o sabremos.



Non perdas como segue:



¿Que se perdeu coa Biblioteca de Alexandría?

Diferencia entre Astronomía e Astroloxía.

Quen non indagou algunha vez, en calquera publicación, que lle deparaba o seu horóscopo. Ser Aries, Capricornio, Tauro ou Piscis parece ser que condiciona a nosa vida ata tal punto que non podemos cambiar o noso destino. Este é un xeito de pensar totalmente anticientífico, pero que está fortemente asentado na nosa sociedade. Periódicos famosos apenas publican noticias sobre Astronomía, pero que non lles falte a súa sección de Astroloxía. Semella que ao cidadán de a pé lle interesa máis saber o seu destino, que esforzarse para que ese destino sexa o mellor posible. Déixovos con este vídeo de Carl Sagan que ilustra a enorme diferencia entre estas dúas verbas tan parecidas: Astronomía e Astroloxía.

viernes, 3 de octubre de 2008

Os Planetas e as Estrelas a escala

Cando vemos os planetas e as estrelas no ceo da noite só vemos puntos minúsculos de luz, que nin cos prismáticos conseguimos que se agranden. É o resultado das enormes distancias ás que están. Este vídeo amósanos os planetas a escala e os compara con algunhas das estrelas máis coñecidas. ¡¡¡Asombroso!!!

Iniciarse na Astronomía

Se xa che empeza a gustar esto da Astronomía é tempo de que fagas observacións. Non penses que se necesita un gran telescopio e cousas polo estilo, abonda cos nosos ollos nunha noite sen Lúa e estar un pouco afastado da cidade. En todo caso uns prismáticos e unha guía de estrelas serán compañía suficiente. Anque se tes alguén que coñeza as constelacións moito mellor. Ten coidado co frío nas noites de inverno, pensa que moitos dos primeiros astrónomos morreron de pulmonía. Ir abrigados e incluso levar un termo con algo quente é imprescindible.
Para que te prepares aquí tes un vídeo que nos presenta algunhas das constelacións máis fáciles de localizar. Seguro que acabas descubrindo moitas máis.

jueves, 2 de octubre de 2008

A NASA cumpríu 50 anos o 1 de outubro de 2008


A NASA está celebrando o seu 50 aniversario. Está claro que o tempo pasa para todos. Pero pode ser un aliciente para pasarnos pola súa web e explorar o que eles levan explorado nestes 50 anos. Como aperitivo unha animación interactiva para esta celebración. E tamén un vídeo.

miércoles, 1 de octubre de 2008

2009 Ano Internacional da Astronomía



No ano 1609 Galileo Galilei apuntou por primeira vez ao ceo cun telescopio. Foi o comezo de 400 anos de descubrimentos que aínda continúan. O 27 de Outubro de 2006 a Unión Astronómica Internacional (UAI) anunciou a declaración pola UNESCO do 2009 como o Ano Internacional da Astronomía (AIA-IYA2009), ratificada pola ONU o 19 de Decembro de 2007