lunes, 6 de octubre de 2008

Localizar a Estrela Polar

Para localizar a Estrela Polar é preciso localizar antes a Osa Maior. Que xa sabes que é moi sinxelo, pois sempre está presente no ceo e ten unha forma moi característica e facilmente recoñecible.

Fíxate nas dúas últimas estrelas do carro, memoriza a distancia entre ambas. Se prolongas 5 veces esa distancia cara arriba do carro atoparás a Estrela Polar. Ademáis como a Polar non está rodeada de estrelas moi brilantes non hai posibilidade de erro.

A Estrela Polar forma parte da constelación da Osa Menor, que non é fácil de atopar xa que as súas estrelas son pouco intensas, agás a Polar e as dúas do final do carro. Uns prismáticos axudan a ver as demáis.

Xa nunca te volverás a perder nunha noite estrelada. Sempre poderás localizar o norte localizando a Estrela Polar.

No hay comentarios: