domingo, 11 de enero de 2009

Observación de Venus

Durante este mes de xaneiro podemos disfrutar de Venus se miramos cara ao suroeste á tardiña. A súa potente luminosidade (magnitude -4,4) fai que sexa o obxecto máis luminoso do firmamento despois do Sol e a Lúa. Como está nunha órbita máis interna que a da Terra sempre o vemos próximo ao Sol, no solpor ou no amencer. Neste momento obsérvase moi afastado do Sol, a uns 20º sobre o horizonte, e cun pequeno telescopio, como o que teño, poden observarse as súas fases.
Estas dúas fotos as fixen esta noite dende o balcón de casa. A intensa luz que nos reflicte Venus dícenos da súa proximidade ao Sol.


Na web de Aranzadi podedes atopar máis información das efemérides de xaneiro 2009

No hay comentarios: