sábado, 13 de septiembre de 2008

Máis fotos da Lúa e Xúpiter

Aproveitando unha noite estupenda realizo estas fotos dende o Morrazo.
Obsérvase o impresionante Cráter Tycho.

Á esquerda o Cráter Copernico, máis á dereita dous impresionantes mares (non de auga precisamente, chámanse así ás chairas da Lúa) o Mare Serenitatis, e debaixo á dereita o Mara Tranquilitatis (onde alunizou a nave Apolo 11, o 20 de xullo de 1969, con Neil A. Armstrong, Edwin E. Aldrin, e Michael Collins no módulo de mando)

Xúpiter amósanos as súas nubes características, e se acompaña dos satélites descubertos por Galileo en 1610 co telescopio que el mesmo construíu, Io, Europa, Calisto e Ganímedes.

viernes, 12 de septiembre de 2008

Fotos de Xúpiter




Temos que aproveitar a presencia de Xúpiter estas noites que nos quedan de bo tempo. Estas fotos realiceinas coa Sony que xa comentei, dendo o balcón da casa, polo que están afectadas da potente luminosidade da cidade de Vigo pola noite. Estou desexando poder sair unha noite a un lugar máis axeitado que esté afastado da contaminación luminosa da cidade.

Fotos da Lúa






A cámara dixital Canon que empreguei para realizar as fotos anteriores non me permitía en modo manual variar á velociade de obturación, que si me permite unha vella Sony Cyber-Shot DSC-S85 que tiña olvidada no armario. Como vedes o resultado é moito mellor pois podo controlar a luminosodade da foto.

lunes, 8 de septiembre de 2008

Foto de Xúpiter



Este verán poidemos observar Xúpiter sobre a constelación de Saxitario. Cuns simples prismáticos pódense ver as súas lúas: Io, Europa, Ganímedes e Calisto ordenadas da órbita máis interior á máis exterior. Esta é unha das fotos que tomei cun telescopio de 500mm, e un ocular de 12,5mm. De forma que os aumentos son o cociente 500/12,5 = 40 aumentos. A cámara é unha Canon dixital. Seguirei publicando fotos dos obxectos que logre fotografiar.

domingo, 7 de septiembre de 2008

Dende a Terra a Orión

Para os amantes da Astronomía. Unha parte deste blog tratará temas de Astronomía. Sabedes que dende Google Earh podedes ver o firmamento, como exemplo déixovos esta viaxe entre a Terra e a Constelación de Orión. Pero lembrade que sempre será máis fermoso ver directamente as estrelas nunha noite sen Lúa.

www.Tu.tv