Este interesante vídeo toca de maneira moi resumida temas como: A observación das constelacións. A historia da Astronomía. O comezo da era espacial. A conquista da Lúa. Os satélites artificiais. A Estación Espacial Internacional (ISS) A formación do sistema solar. A aparición da vida. A evolución. A posible vida en outros planetas. Os planetas extrasolares.
É moi difícil dar consellos, quizá cada un deba atopar o seu camiño. Pero pode que contar a experiencia de un sexa válida para moitos. Hai unha vivencia, de manera especial, que me marcou de rapaz para que me gustara a ciencia, foi a serie de televisión COSMOS, dirixida e presentada por Carl Sagan. Este importante astronomo e divulgador da astronomía, e da ciencia en xeral, fíxome ver o mundo como antes nunca o coñecera. Lembro, por exemplo, cando dixo que "somos po de estrelas". Tamén dixéranme que viñamos da lama, pero é que ser po de estrela era moito máis fermoso. Ou tamén cando dicía que "a exploración do cosmos é unha viaxe de autodescubrimento". Carl Sagan foi (finou no ano 1996) un gran divulgador da ciencia, dicía:"...Logo de todo, cando estás namorado, queres contalo a todo o mundo. Por iso, a idea de que os científicos non falen ao público da ciencia paréceme aberrante."
Por se non o coñecedes vos presento estes vídeos da súa serie onde ilustra a uns cativos, como era eu daquel entonces, na grandeza do Cosmos. Despois de ver estes vídeos pode que vexamos os ceos doutra forma, e a vida doutra maneira.
¿Que son as estrelas?
¿Como pensaban os homes da Prehistoria?
Unha idea xurde na illa de Samos, no mar Exeo, "O Universo é coñecible". O Cosmos fronte ao Caos.
Anaximandro, Empédocles e Demócrito, quen dicía:"prefiro entender un porqué que ser o Rei de Persia"
Pitágoras e os pitagóricos. "Cosmos: universo ordenado e armonioso, un mundo accesible ao entendemento humano" (Pitágoras)
Aristarco de Samos: "A Terra móvese arredor do Sol"
Abonda con subir a unha montaña para darse conta da inmensidade da Terra. Dende o Facho, no Morrazo, temos unha atalaia que nos permite ver a inmensidade do océano. Esa liña case recta que sabemos que se vai pechando nunha enorme circunferencia do tamaño da Terra. Pero quen foi o primeiro en medir o tamaño da Terra. Pódese pensar que foi medida por algún pioneiro navegante como Elcano, ou por modernos aparatos como os satélites que lanzamos ao espacio, pero nada diso. Esta historia comeza no século III a.C. No que hoxe é Exipto. Eratóstenes director da Biblioteca de Alexandría conseguiría medir a Terra case sen aparatos, ¿como? nestes vídeos de Cosmos o podedes descubrir. Tamén veredes a gran perda para Humanidade que supuso a destrucción da Biblioteca de Alexandría. ¿Como sería agora o mundo sen esta perda irreparable? Nunca o sabremos.
Quen non indagou algunha vez, en calquera publicación, que lle deparaba o seu horóscopo. Ser Aries, Capricornio, Tauro ou Piscis parece ser que condiciona a nosa vida ata tal punto que non podemos cambiar o noso destino. Este é un xeito de pensar totalmente anticientífico, pero que está fortemente asentado na nosa sociedade. Periódicos famosos apenas publican noticias sobre Astronomía, pero que non lles falte a súa sección de Astroloxía. Semella que ao cidadán de a pé lle interesa máis saber o seu destino, que esforzarse para que ese destino sexa o mellor posible. Déixovos con este vídeo de Carl Sagan que ilustra a enorme diferencia entre estas dúas verbas tan parecidas: Astronomía e Astroloxía.
Cando vemos os planetas e as estrelas no ceo da noite só vemos puntos minúsculos de luz, que nin cos prismáticos conseguimos que se agranden. É o resultado das enormes distancias ás que están. Este vídeo amósanos os planetas a escala e os compara con algunhas das estrelas máis coñecidas. ¡¡¡Asombroso!!!
Se xa che empeza a gustar esto da Astronomía é tempo de que fagas observacións. Non penses que se necesita un gran telescopio e cousas polo estilo, abonda cos nosos ollos nunha noite sen Lúa e estar un pouco afastado da cidade. En todo caso uns prismáticos e unha guía de estrelas serán compañía suficiente. Anque se tes alguén que coñeza as constelacións moito mellor. Ten coidado co frío nas noites de inverno, pensa que moitos dos primeiros astrónomos morreron de pulmonía. Ir abrigados e incluso levar un termo con algo quente é imprescindible. Para que te prepares aquí tes un vídeo que nos presenta algunhas das constelacións máis fáciles de localizar. Seguro que acabas descubrindo moitas máis.
A NASA está celebrando o seu 50 aniversario. Está claro que o tempo pasa para todos. Pero pode ser un aliciente para pasarnos pola súa web e explorar o que eles levan explorado nestes 50 anos. Como aperitivo unha animación interactiva para esta celebración. E tamén un vídeo.
Traballando coa folla de cálculo Calc
-
Calc é a folla de cálculo do paquete de Open Office. Nestas clases
descubriremos esta potente ferramenta que imos empregar en máis cousas das
que pensas.
Datas dos exames
-
DATAS DOS EXAMES
NATUREZA
1ª AVALIACIÓN: Mércores 19 de novembro de 20:30 a 21:20 h.
AVALIACIÓN FINAL: Mércores 28 de xaneiro de 20:30 a 21:20 h.
O alumna...