Aproveitando unha noite estupenda realizo estas fotos dende o Morrazo.
Obsérvase o impresionante Cráter Tycho.
Á esquerda o Cráter Copernico, máis á dereita dous impresionantes mares (non de auga precisamente, chámanse así ás chairas da Lúa) o Mare Serenitatis, e debaixo á dereita o Mara Tranquilitatis (onde alunizou a nave Apolo 11, o 20 de xullo de 1969, con Neil A. Armstrong, Edwin E. Aldrin, e Michael Collins no módulo de mando)
Xúpiter amósanos as súas nubes características, e se acompaña dos satélites descubertos por Galileo en 1610 co telescopio que el mesmo construíu, Io, Europa, Calisto e Ganímedes.
Traballando coa folla de cálculo Calc
-
Calc é a folla de cálculo do paquete de Open Office. Nestas clases
descubriremos esta potente ferramenta que imos empregar en máis cousas das
que pensas.
Hace 15 años