A Osa Maior, a constelación que tamén coñecemos como o carro, está formada por 7 estrelas que forman o asterismo do carro, e outras máis de menor intensidade. O asterismo é o debuxo que se xera cando unimos as estrelas con liñas rectas.
A Osa Maior é unha constelación que podemos contemplar en calquera época do ano, xa que no seu xiro arredor do polo norte celeste nunca se pon por debaixo do horizonte. Ademáis é importante pois permítenos localizar a Estrela Polar, que nos indica o norte (pensa o importante que era isto para os antigos homes da mar) e permítenos atopar outras constelacións con facilidade.
Lembra que a esfera celeste parece xirar sobre nós de este a oeste, debido ao movemento de rotación da Terra de oeste a este. De forma que as posicións das constelacións cambian durante toda a noite. E debido ao movemento da Terra arredor do Sol durante o ano tamén cambian as constelacións que vemos en cada estación. Así falamos de constelacións de inverno, de primavera, de verán e de outono.
¿Que, xa atopaches a Osa Maior? Seguro que si, anque non estará como no debuxo senón que estará xirada en calquera posición. Por eso é interesante dispor dun Planisferio no cal indicando o día e a hora de observación atopamos as estrelas na posición que teñen no ceo.
Fíxate na estrela intermedia da barra do carro. Exacto, non é unha, son dúas estrelas, Alcor e Mizar. Se as vemos separadas é unha boa forma de comprobar a nosa boa vista. Tamén facían esto os antigos árabes para escoller os aspirantes a vixías.
Traballando coa folla de cálculo Calc
-
Calc é a folla de cálculo do paquete de Open Office. Nestas clases
descubriremos esta potente ferramenta que imos empregar en máis cousas das
que pensas.
Hace 15 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario