domingo, 5 de octubre de 2008

Preparando a observación.


Supoño que xa tes gañas de sair ao campo e facer observacións das constelacións. Pero antes tes que ter en conta unha serie de cousas importantes.

Primeira, levar abrigo suficiente. Depende da época do ano, pero non hai que confiarse, noites templadas poden facernos perder moito calor despois dun longo tempo de observación. As veces estamos tan entusiamados na observación que nos olvidamos de cousas tan importantes como abrigarse, ou hidratarse.

Segunda, ir con unha persoa que coñeza as constelacións pode ser moi didáctico, anque non sempre temos esa sorte. Por eso dispor dun Planisferio, ou unha pequena guía de estrelas pode ser fundamental. Irei publicando esquemas que te axudarán a atopar con facilidade as constelacións máis importantes.


Terceira, unha pequena linterna pode ser moi útil nas noites de Lúa Nova, pois non se ve nada, e se queres usar unha guía ou planisferio vaiche facer falla. Pero que non alume moito pois se te cegas tardarás máis en acostumar outra vez os ollos á escuridade.

Cuarta, non é imprescindible para observar as estrelas pero uns prismáticos poden descubrirnos un sinfín de estrelas que a simple vista nunca veríamos. A Lúa, planetas como Xúpiter coas súas lúas, as Pléiades, a nebulosa de Orión, a galaxia de Andrómeda, ou cúmulos estelares, son un espectáculo vistos cos prismáticos. Por certo, nunca mires cos prismáticos directamente ao Sol, supoño que xa sabes que podes queimar os ollos.

Quinta, escoller un bo lugar de observación é fundamental. Sal das luces da cidade. A contaminación luminosa, e a outra, son un filtro para a observación do firmamento. Un lugar elevado pode ser ideal, anque non sempre é doado de atopar. Se eres menor de idade non vaias só, ou sen permiso dos teus pais. Ir acompañados a contemplar as estrelas pode ser unha experiencia inolvidable.

Así que preparade o equipo e agardar unha noite sen Lúa e con bó tempo. Aquí en Galicia temos que ter a mochila preparada e aproveitar as poucas ocasións que se presentan, anque co cambio climático cada ano temos máis oportunidades de noites de ceos despexados.

¡Feliz observación! Por certo, non é mala costume anotar nun caderno as observacións que facemos, e as condicións en que as fixemos.

No hay comentarios: